Dende a cooperativa Culturactiva incorporan á súa programación VERBENA GALEGA .  Trátase dunha revisión do que é actualmente o concepto de verbena tratando de reinventalo e de actualizalo. Son 5 horas de música e baile co denominador común do idioma galego e da esencia da festa tradicional e moderna a un tempo. As actuacións musicais divídense en 2 pases (un de cada grupo) coa posibilidade da intervención dun grupo de animación antes da sesión musical e/ou no intermedio e un picadiscos como peche das actuacións para que a festa nunca remate.

Unha proposta pensada para público familiar que de seguro encherán de cor calquera festa en Galicia que queira innovar e diferenciarse do resto.

As próximas citas en:

Xeve-Pontevedra o 2 de agosto, Monforte 13 de Agosto ou Ribeira 15 de Agosto son só algunhas das prazas onde poderedes ver chegar o trailer da Verbena Galega e bailardes e cantardes durante máis de 5 horas.  A festa de sempre como nunca a viches!!!!

Culturactiva, entre outras liñas de traballo, promoven unha axenda de artistas e espectáculos de música galega, circo, clown, ou teatro.

http://culturactiva.org/