As cooperativas socias de UGACOTA, Trespés, S.Coop. Galega e Hábitat Social, S.Coop. Galega, xunto coas cooperativas de consumo Panxea e Zocaminhoca, propoñennos a apertura dun proceso de encontro, coñecemento mutuo, e debate, que sente as bases dun posible Mercado Social Galego. Un proceso aberto, de creación colaborativa que traballe inicialmente en tres eixos:

-Análise crítica do modelo actual.

-Definición dos criterios de pertenza ao mercado social.

-Investigación sobre os seus modos de implantación.

Animan, a entidades e particulares, con vontade de transformación a interesarse por este proceso que agroma para sumarse á súa construción.

Os días 9 e 10 de Novembro, comeza este proceso mediante 5 encontros locais espallados por todo o país, que servirán para preparar un encontro máis amplo a nivel Nacional no vindeiro mes.

Datos do encontro local no sur de Galiza

Data: Domingo 10 de Novembro de 2013.

Hora: Entre as 17:00 e as 20:00.

Lugar: Casa da Cultura Redondela

Neste encontro contarase coa presenza de Fernando Sabín traballador da cooperativa Andaira e impulsor do Mercado Social de Madrid!!