Oferta de emprego:

A cooperativa ENRAIZANDO busca Psicólogo/a

 

 

ENRAIZANDO é unha cooperativa de traballo asociado, que desenvolve a súa actividade no sector dos servizos sociais, asistenciais e sanitarios a domicilio. Realizan:

  • Asistencia residencial para persoas con discapacidade, enfermidade mental e drogadiccións.
  • Actividades e espectáculos de creación artística.
  • Investigación e desenvolvemento en ciencia.
  • Formación.
Acaban de lanzar unha oferta de emprego para un perfil de psicoloxía. Que precisan?

Enraizando S. Coop. Galega, dentro do proxecto “ Equipo de Apoio Social e Comunitario (EASC) de Barbanza”, adicado a ofrecer atención a persoas en situación de vulnerabilidade, busca Psicologa/o para intervención psicosocial na contorna da Mancomunidade Arousa Norte, formando parte dun equipo transdisciplinar.

A contratación sería por 20 horas semanais, para os meses de outubro a decembro de 2023 con posibilidade de darlle continuidade.

Condicións segundo convenio de Intervención Social Estatal.

Se estás interesada/o, envía o teu CV a cooperativaenraizando@gmail.com