Novas cooperativas socias
Presentamos novas socias de EspazoCoop de recente incorporación. Deixamos a súa referencia para coñecelas un pouco, que podan ser tidas en conta á hora de practicar un consumo cooperativo, para intercooperar, como aliadas á hora de realizar traballos en común, ou en relacións profesionais.
A FLOR DA VIDA | Ofrecen distintos servizos no ámbito da Permacultura, a Bioconstrucción ou o Crecemento persoal.
Adícanse á prestación destes servizos:
- Servizos de Permacultura: deseño, asesoramento, acompañamento, coordinación e execución de proxectos. Transformación de espazos, xardíns, hortas, escolas, etc.
 - Servizos de formación regrada e non regrada en Permacultura e tecnoloxías apropiadas.
 - Divulgación da Permacultura.
 - Bioconstrucción e outras técnicas.
 - Fabricación e comercio de traballos en madeira (estruturas, mobiliario, artesanais)
 - Servizos de crecemento persoal: meditación, ioga, dinámicas grupais, arte, lecer consciente…
 - Explotación agrogandeiras: xestión e mantemento (apicultura, horta, gandeiría rexenerativa, silvopastoreo…)
 - Obradoiro de produtos e comercialización: alimentación orgánica, traballos artesanais en madeira e outros.
 
Son unha cooperativa de traballo ubicada en Bergondo (A Coruña).
Blogue: http://aflordavidapermacultura.blogspot.com/
Podes seguir A Flor da Vida en redes socias: Facebook Flor da Vida
VERSO LIBRE | Adícanse ao pequeno Comercio.
- Prendas de vestir e toucado.
 - Produtos textis do fogar.
 - Calzado e complementos de pel.
 - Bixutería, xoiería, e reloxería.
 - Libros, xornais e revistas.
 
Trátase dunha cooperativa de traballo da cidade da Coruña.
OFREISE | Elaboración de Pan e produtos frescos de pan e pastelería.
Son cooperativa de traballo e están no concello de Piñor en Ourense.
DALLE QUE DALLE | Xestionan un Coworking e prestan servizos de Formación en distintos ámbitos empresariais.
Son unha cooperativa de traballo asociado con sede Vilagarcía de Arousa (Pontevedra).
Podes seguir a Dalle que Dalle nas redes: Facebook DallequeDalle
Fai clic : CAMPAÑA #SUMACOOPS