Novas cooperativas socias 



Presentamos novas socias de EspazoCoop de recente incorporación. Deixamos a súa referencia para coñecelas un pouco, que podan ser tidas en conta á hora de practicar un consumo cooperativo, para intercooperar, como aliadas á hora de realizar traballos en común, ou en relacións profesionais.

 

 

A FLOR DA VIDA |  Ofrecen distintos servizos no ámbito da Permacultura, a Bioconstrucción ou o Crecemento persoal.

Adícanse á prestación destes servizos:

  • Servizos de Permacultura: deseño, asesoramento, acompañamento, coordinación e execución de proxectos. Transformación de espazos, xardíns, hortas, escolas, etc.
  • Servizos de formación regrada e non regrada en Permacultura e tecnoloxías apropiadas.
  • Divulgación da Permacultura.
  • Bioconstrucción e outras técnicas.
  • Fabricación e comercio de traballos en madeira (estruturas, mobiliario, artesanais)
  • Servizos de crecemento persoal: meditación, ioga, dinámicas grupais, arte, lecer consciente…
  • Explotación agrogandeiras: xestión e mantemento (apicultura, horta, gandeiría rexenerativa, silvopastoreo…)
  • Obradoiro de produtos e comercialización: alimentación orgánica, traballos artesanais en madeira e outros.

Son unha cooperativa de traballo ubicada en Bergondo (A Coruña).

Blogue: http://aflordavidapermacultura.blogspot.com/

Podes seguir A Flor da Vida en redes socias: Facebook Flor da Vida


VERSO LIBRE |  Adícanse ao pequeno Comercio.

  • Prendas de vestir e toucado.
  • Produtos textis do fogar.
  • Calzado e complementos de pel.
  • Bisutería, xoiería e reloxería.
  • Libros, xornais e revistas.

Trátase dunha cooperativa de traballo da cidade da Coruña.


OFREISE | Elaboración de Pan e produtos frescos de pan e pastelería.

Son cooperativa de traballo e están no concello de Piñor en Ourense.


DALLE QUE DALLE | Xestionan un Coworking e prestan servizos de Formación en distintos ámbitos empresariais.

Son unha cooperativa de traballo asociado con sede Vilagarcía de Arousa (Pontevedra).

Web: www.dallequedalle.com

Podes seguir a Dalle que Dalle nas redes: Facebook DallequeDalle


Fai clic : CAMPAÑA #SUMACOOPS