Neste 2017, iniciamos unha nova etapa como Espazocoop unión de cooperativa galegas, somos unha nova entidade froito da fusión das asociacións de cooperativas Ugacota, Ucetag e Sinerxia, que despois da asemblea de fusión do pasado novembro e dos trámites pertinentes, xa entramos formalmente nunha nova etapa dende principios deste ano coa creación da nova entidade.

Agora somos unha Unión integrada por cooperativas de distintas clases no ámbito galego, 181 cooperativas, (de traballo asociado, de ensino e de consumo), con 1.690 traballadoras/es e 45 millóns de facturación. Con 1.120 socias/os traballadoras/es, 320 socias/os de consumo, e 570 persoas contratadas.

Espazocoop ten oficinas en A Coruña, Santiago de Compostela e Vigo (nesta cidade cambiamos de oficinas, integrando a oficina que Sinerxia tiña en Pontevedra que pecha).

  • A Coruña – Travesía de San José 10, Ent.A. 15002 – Telf. 881 887 456
  • Santiago de Compostela – Hórreo 104, baixo, esquerda. 15701. Telf. 981 57 55 78
  • Vigo- Taboada Leal 15, entreplanta. 36203. Telf. 986 866 149

O equipo de traballo está á vosa disposición nos novos correos electrónicos, e temos algún pequeno cambio nos teléfonos de contacto (as liñas de teléfono que se viñan empregando en Ugacota – Vigo e en Sinerxia – Pontevedra danse de baixa proximamente), toma nota dos novos contactos:

Espazocoop Unión de Cooperativas Galegas : info@espazo.coop

Tino Gago – Dirección . Xerencia – 881 887 456 – tino@espazo.coop
Rosa Álvarez  – Consultoría . Formación – 981 57 55 78- rosa@espazo.coop
Ángeles Barreiro – Administración. Contabilidade – 981 57 55 78 – angeles@espazo.coop
Patane García – Formación – 881 887 456 – patane@espazo.coop
Teresa Balado – Consultoría . Formación – 986 866 149 – teresa@espazo.coop
Roberto Andrés – Consultoría . Sectorial de ensino – 986 866 149 – roberto@espazo.coop
Mar Pernas – Relacións institucionais . Base social – 981 57 55 78 – mar@espazo.coop
Ramón Carmelo Rodríguez – Dirección de proxectos – 986 866 149 – ramon@espazo.coop
Nuria González – Comunicación . Promoción cooperativa – 986 866 149 – nuria@espazo.coop

Aínda nos quedan axustes e adaptacións por realizar, estamos en período de transición nalgunhas cuestións operativas e organizativas, entre outros temas, aínda estamos adaptando a imaxe corporativa, a web, e as redes. Iremos informando dos cambios que vaiamos realizando e que afecten á operativa. Agardamos disculpedes as molestias ocasionadas en todo momento a raíz do proceso de cambio.

Espazocoop inspírase nos principios cooperativos e os seus valores, e quere agrupar e representar ás cooperativas, así como impulsar e fomentar a intercooperación, ou mesmo defender os intereses das cooperativas socias e das persoas que as constitúen.

A nova unión ten por obxeto : divulgar, fomentar e consolidar o cooperativismo, como un modelo para o desenvolvemento socioeconómico, no marco da economía social e solidaria. Nace con vocación de influencia na sociedade e de poder contribuír na transformación social, consolidando os valores e principios cooperativos e colaborando na consecución dunha economía baseada na primacía das persoas, o desenvolvemento sostible e a responsabilidade social.