Presentouse a marca “EXPERTCOOP”
Asesoramento Experto para Cooperativas
A marca de excelencia en asesoría cooperativa foi presentada, o martes 27/outubro, nunha sesión virtual organizada pola Unión de Cooperativas EspazoCoop.
Coa participación de vinte dúas organizacións e persoas, expuxéronse os motivos que levaron a impulsar EXPERTCOOP en colaboración cun grupo de cooperativas socias da Unión que pertencen ao ámbito das asesor e consultor.



Na sesión deuse a coñecer tamén a imaxe identitaria que representa a este selo de garantía. Cun distintivo gráfico as cooperativas prestadoras de servizos de asesoramento e xestión poderán comunicar que cumpren cos indicadores esixidos.
Asemade puideron intervir algunhas das asesorías participantes no proceso da súa creación. Jorge Rodríguez de Algalia manifestou que “coa participación neste proceso creouse un clima de traballo que favorece a prestación do servizo ás cooperativas”, e resalta que “facelo dun xeito compartido vainos axudar moitísimo e mellorará a calidade do asesoramento prestado ás cooperativas”, coñecedores desta fórmula dinámica e flexible considera que ExpertCoop vai darlle un enfoque máis empresarial ás cooperativas.
Neste sentido, Anxo Louzán de Xiama, falou que “a fórmula cooperativa está medrando e isto vai dar un impulso para todos”, considera importante ter establecido unhas bases e criterios que fomenten un asesoramento de calidade ás cooperativas, e reseña que “a marca é algo aberto e será moi interesante abarcar a novas asesorías”.
Pola súa parte, Juan Gómez de Xedega, pensa que unha das súas vantaxes será que co grupo ExpertCooop acadarase máis capacidade de opinión e de xestión ante a administración e outros entes.
Despois das preguntas e o debate co público pechouche a sesión de presentación declarando que ExpertCooop non se trata dunha marcha pechada, ao contrario está aberta a que se sumen máis asesorías para ampliar o grupo.
Presentación gráfica: [ EXPERTCOOP ] Asesoramento Experto para Cooperativas
Máis información: info@espazo.coop – 981 57 55 78
[ Esta acción está enmarcada na programación 2020 da Rede Eusumo ]