EspazoCoop en Campaña para subscribir Avais, e acceder a financiamento de Coop57

 

A Unión de Cooperativas Espazocoop lanzou unha subscrición social de avais mancomunados, poñendo en práctica un modelo de financiamento alternativo, de maior implicación social que apoia proxectos da economía social. Entre os requisitos para poder ter acceso ao financiamento de Coop57 está a subscrición de avais mancomunados por un importe igual ao que se solicita.

Para que a campaña de avais sexa exitosa precisamos amosar que a economía social e solidaria é unha rede colaborativa e que actúa como tal, por iso pedímosvos o voso apoio para subscribir avais e tamén para facer difusión da campaña, extendendoa a todas as vosas redes e persoas vinculadas a elas.

[ Características ]

[ Préstamo a avalar ]

Unha póliza de crédito  Importe: 100.000,00 euros Prazo: 1 ano
Finalidade: Financiar o programa de actividades e os gastos normais de funcionamento de Espazocoop 2023-2024

[ Avais mancomunados ]

Importe de subscrición: avais entre 300,00 e 5.000,00 € (por avalista)

Período de subscrición: ata o 11 de Xuño de 2023

[ Que son os avais mancomunados ]

A garantía que Coop57 solicita para a concesión do préstamo

Un compromiso con Espazocoop que NON supón desembolso de diñeiro

A súa natureza mancomunada supón que o importe total do préstamo divídese de forma proporcional entre todas as avalistas.

Son persoais e non patrimoniais

[ Prazo para comunicarnos a vontade de subscrición ]

11 de Xuño 2023

[ Coordinación e xestión ]

Unión de Cooperativas Espazocoop

[ A Unión de Cooperativas Espazocoop ]

A Unión de Cooperativas Espazocoop somos unha asociación de cooperativas que traballamos para promover e consolidar o cooperativismo en Galicia, como unha das formas de organización económica e social máis avanzadas, xustas, democráticas e solidarias que existen.

Somos unha entidade solvente, a información económica e social de Espazocoop podes atopala e consultala na sección Transparencia da nosa web aquí. Nestes momentos temos concedidas distintas axudas públicas para realizar a nosa actividade, os prazos de cobro previstos de ditas axudas lévanos a solicitar financiamento a Coop57 para cubrir as necesidades da Unión.

Un dos puntos clave desta campaña é que a Unión pode financiarse de forma parcial nun sistema de finanzas éticas, distinto do convencional.

Máis información:
– FAQs para avalistas aquí
– Información económica e social de Espazocoop na sección “Transparencia” da nosa web aquí
– Aval Mancomunado Coop57 para Entidades:

Aval para Entidades  e  Certificado Entidades Aval

-Aval Mancomunado Coop57 para Persoas Físicas:

Aval para Persoas Físicas

[ Precisamos novas formas de financiamento para unha nova economía ]

[ Como podes comunicarnos a subscrición de Avais mancomunados? e como se formaliza o Aval? ]

Por teléfono : 687 324 784 – 986 866 149  | Por email : ramon@espazo.coop

Paso 1 : Comunicar a Espazocoop a vontade de subscribir un aval, ata o 11 de xuño de 2023, cada avalista enviará o documento de compromiso de aval (cumprimentado e asinado en formato dixital, xunto o DNI ou CIF) a ramon@espazo.coop.

Paso 2 : No caso de non contar con sinatura dixital, ademais de realizar o paso anterior, enviar por correo postal ou entrega en man do orixinal do documento de aval a: Unión de Cooperativas Espazocoop – Rúa do Hórreo, 104 Baixo Esquerda 15701 Santiago de Compostela.

Grazas polo voso apoio e compromiso!