Crowdfunding para a economía social e solidaria

| Talleres en liña |

¿Sabías que o crowdfunding pode potenciar o teu proxecto de Economía Social e Solidaria? A partir do 17 de novembro, desde a Fundación Platoniq, ofrecen tres talleres gratuítos e un encontro online dirixidos a cooperativas e entidades que buscan financiarse a través do crowdfunding. Bótalle unha ollada a cada un dos talleres e apúntate para aprender, conectar con outras iniciativas e lanzar con todas as garantías a túa propia campaña de micromecenazgo.

TALLER 1: Introducción ao Crowdfunding
Xoves 17 de novembro (10:00-12:30)

Neste taller formativo gratuíto explican que é o crowdfunding segundo Goteo. Dan claves para preparar un crowdfunding, dando especial atención ao teu relato, á descrición do teu orzamento, recompensas individuais, e o teu compromiso social.

TALLER 2: Ferramentas e estratexias para a comunicación do teu crowdfunding de Economía Social e Solidaria
Martes 22 de novembro (10:00-12:30)

Neste taller formativo gratuíto coñecerás os elementos a ter en conta e as ferramentas a túa disposición para a difusión da túa iniciativa. Verás como a comunicación é un elemento crucial para o éxito dunha campaña de crowdfunding. Un crowdfunding ben plantexado funciona tamén como campaña de comunicación, xa que outorga visibilidade e proxección á iniciativa. Ademais, amplifícase o impacto, xa que as iniciativas poden aproveitar unha maior visibilidade e lexitimidade.

TALLER 3: Deseño da gobernanza dixital en proxectos de ESS
Xoves 24 de novembro (10:00-12:30)

Esta formación realizarase nunha sesión de 2,5 horas na que se introducirá a importancia de dispor de sistemas de gobernanza das iniciativas e os proxectos, e se facilitarán recursos para o deseño de mecanismos dixitais. O obxectivo é que os proxectos en fase de consolidación coñezan os recursos necesarios para o diseño dos sistemas dixitais de gobernanza, e o impacto social que xera a implementación nas súas comunidades.

ENCONTRO ONLINE: Espazo de intercambio de coñecementos, experiencias y boas prácticas para o impulso de proxectos
Xoves 1 de decembro (10:00-12:30)

Organizarase un encontro online de 2,5 horas que permitirá o intercambio de experiencias e boas prácticas. Trátase de establecer un lugar de encontro entre entidades e proxectos que poda xerar sinerxias a curto e medio prazo co fin de reforzar o seu papel e o impulso de novas iniciativas. Este evento reunirá organizacións públicas e privadas dinamizadoras da ESS, e impulsores de proxectos que representarán coas súas iniciativas aos diferentes ODS.

INSCRÍBETE EN: https://goteo.cc/inscripcionestejiendoalianzas

[ Goteo – Crowdfunding cívico para o impacto social ]