PANXEA, sociedade cooperativa galega, é unha cooperativa de consumidores e consumidoras nacida en Compostela no ano 2010 que agrupa a día de hoxe a máis de 70 socios e socias arredor do seu proxecto cooperativo. Está centrada en dar acceso aos socios e socias e á cidadanía en xeral a produtos ecolóxicos, produtos de comercio xusto, ou produtos galegos, que pola súa calidade, ou a súa orixe son de gran importancia por motivos sociais ou medioambientais para Panxea.

Para isto, conta cunha tenda da cooperativa aberta ao público e que está situada na Rúa da Rosa, nº 36, baixo, en Santiago de Compostela, e na que, ademais, contan tamén cun pequeno local social con capacidade para unhas 20 persoas no que ten unha sala de reunións e unha biblioteca sobre economía social e solidaria que está a dispor.

Coa intención de darse a coñecer, durante todo este mes de febreiro, fan unha oferta a tódalas persoas que sexades parte dunha cooperativa, xa sexa como persoa socia, traballadora, socia de traballo, socia traballadora, … pola que, se vos achegades por PANXEA teredes un 10% DE DESCONTO en tódolos produtos que ofrecen: comercio xusto, produtos locais frescos e de tempada, produtos agroecolóxicos, …, e para ter dereito ao desconto só teredes que dicirlles o voso nome e a cooperativa da que formades parte.

Panxea, s. coop. galega –  www.panxea.org – Teléfono: 981937238 –  Correo-e: redes@panxea.org