EC4RURAL: fomento do compromiso local para a transición enerxética limpa no rural a través das comunidades enerxéticas
O proxecto europeo EC4RURAL ten como prioridade asegurar que as comunidades rurais europeas participan e se benefician da transición cara ás enerxías limpas a través da creación de comunidades enerxéticas.
[ Resumo do proxecto ]
A pesar da súa riqueza de recursos, os municipios rurais de Europa adoitan estar en desvantaxe en comparación cos seus homólogos urbanos: factores como a redución da poboación rural e o menor acceso aos servizos básicos e ao emprego adoitan traducirse na pobreza enerxética dos seus habitantes derivada dos elevados prezos da enerxía actuais.
O proxecto EC4RURAL, financiado polo Programa LIFE, busca afondar e transformar as relacións entre as autoridades locais e rexionais e as comunidades rurais para contribuír á transición enerxética limpa en Europa ao tempo que se garante a participación activa dos axentes locais, evitando que sexan deixados de lado nestes procesos. O proxecto garantirá que as comunidades rurais formen parte e se beneficien dos procesos da transición enerxética limpa fomentando a creación de comunidades enerxéticas rurais para producir electricidade a través de paneis fotovoltaicos.
A acción de EC4RURAL sitúase na órbita dos cambios nos comportamentos dos consumidores e empresas, para facilitar un maior diálogo e investimento conxunto dos actores públicos e privados (inalcanzable a nivel individual), tal e como establece o Pacto Verde Europeo. O proxecto tamén contribuirá ao desenvolvemento rural dentro da nova Política Agraria Común, así como ao Pacto Rural Europeo e á Política de Cohesión Territorial.
EC4RURAL porá en marcha este novo cambio de paradigma a través de 2 pilotos en Estonia e España, cun total de 34 casos de estudo en diferentes municipios rurais, co obxectivo de propiciar a replicabilidade, non só nas rexións participantes, senón tamén a nivel europeo, a través das actividades de comunicación, divulgación e explotación levadas a cabo coa rede de socios e colaboradores externos.
[ Quen somos? ]
EC4RURAL reúne a un grupo de 10 entidades que compoñen un consorcio multidisciplinar situado en 3 países diferentes da UE (España, Estonia e Bélxica). O consorcio está liderado pola UVIGO e participan diferentes autoridades públicas locais e autonómicas, xunto con diferentes entidades capaces de proporcionar aos concellos, cidadáns e pemes o apoio necesario para desenvolver, implantar e controlar as comunidades enerxéticas rurais.
- https://www.uvigo.gal/
- https://juanadevega.org/
- https://www.fegamp.gal/
- https://www.espazo.coop
- https://sapiensenergia.es/
- http://elard.eu/
- https://www.elvl.ee/web/eng
- https://fedarene.org/member/tartu-regional-energy-agency/
- https://ut.ee/et/avaleht
- https://leaderliit.eu/in-english-2/
[ Como imos acadar os nosos obxectivos? ]
As actividades do proxecto están organizadas en dúas fases principais:
- Fase de configuración: esta fase céntrase na participación social. Avaliarase o sistema enerxético local, garantindo a implicación dos distintos cidadáns, axentes e institucións. Estableceranse plans locais para determinar os obxectivos enerxéticos das distintas comunidades.
- Fase de potenciación: o traballo previo servirá de base para acometer a creación das comunidades enerxéticas nesta etapa. EC4RURAL dará apoio específico ás comunidades enerxéticas nos procesos de toma de decisións sobre modelos de negocio, elección tecnolóxica, solucións legais e financeiras, estrutura de goberno, acceso á rede e proceso de autorización. EC4RURAL tamén prestará apoio ao mercado e á xestión do investimento durante as primeiras fases das comunidades enerxéticas.
Este enfoque será avaliado por 2 demostradores piloto en zonas rurais representativas do norte e do sur de Europa. Un piloto levarase a cabo en Galicia e un segundo abarcará todo o territorio de Estonia. As zonas seleccionadas comparten necesidades e retos no desenvolvemento rural. Ademais, as especificacións do contexto local proporcionarán a base para unha ampla replicabilidade dos resultados.
[ Cal é o papel da Unión de Cooperativas EspazoCoop neste proxecto? ]
A Unión de Cooperativas EspazoCoop como socia do proxecto EC4Rural participa nel para contribuír a sensibilizar, dinamizar, formar e acompañar ás persoas dos concellos rurais de Galicia que promovan comunidades enerxéticas organizadas baixo modelos cooperativos e de economía social.
[ Programa financiador ]
LIFE Clean Energy Transition sub-programme
[ Duración ]
1 de setembro de 2023 ao 31 de agosto de 2027 (48 meses)
[ Orzamento total ]
1.578.130,20 euros
[ Contribución da UE ]
1.499.223,70 euros
[ Datos de contacto ]
- Web: https://ec4rural.webs.uvigo.ga
- Correo electrónico: info.ec4rural@uvigo.gal
- X: @EC4RURAL
- Facebook: EC4RURAL – LIFE Programme
- LinkedIn: EC4RURAL – LIFE Programme
- YouTube: EC4RURAL – LIFE Programme
[ MATERIAL DIVULGATIVO ]
Folleto EC4RURAL: neste enlace
[ WEB DO PROXECTO EC4RURAL ]
Para coñecer máis sobre o proxecto EC4RURAL e as súas últimas novidades visita a súa web: https://ec4rural.webs.uvigo.gal/
[ NOVAS RELACIONADAS NA WEB DE ESPAZOCOOP]