COCETA, organización da que fai parte UGACOTA, aplaudiu a nova Directiva europea sobre reestructuración de empresas e pide que se inclúan as transferencias ás persoas traballadoras, en cooperativa, capaces de aumentar as oportunidades de emprego e reducir as liquidacións de empresas.

Os negocios que son transferidos a traballadoras/es, baixo o modelo cooperativo, deberan estar incluídos na versión final da Directiva como unha das ferramentas disponibles para evitar a liquidación.

COCETA, únese á súa homóloga europea, CECOP, para dar a benvida á publicación da Comisión Europea da proposta para unha nova Directiva sobre reestructuración preventiva, segundas oportunidades e medidas para mellorar a eficacia da reestructuración, insolvencia e procedementos de segunda oportunidade.

“As nosas organizacións cooperativas locales e nacionais axudan cada ano a docenas de negocios que pasan por unha re estructuración para que podan transferir a empresa ás traballadoras, baixo a fórmula cooperativa. Na maioría dos casos o proceso de reestructuración lévase antes da liquidación,  o que implica un modelo preventivo que va en línea coa Directiva”, dixo o presidente de CECOP, Giuseppe Guerini.

No caso de España, xa dende os anos 60 ou 70, moitas compañías pechaban portas, e as traballadoras tomaban a empresa para recuperar os empregos. Coa crise actual pasou o mesmo. A través do proxecto europeo Saving Jobs, COCETA está sistematizando os datos de cada Comunidade Autónoma, e contabilizou xa, coa crise actual, máis dun centenar de empresas transferidas ás traballadoras.

O presidente de COCETA, Juan Antonio Pedreño, explicou que “ás cooperativas sempre se lles chamou as fillas da crise, porque é en momentos de dificultades económicas cando as traballadoras vense obrigadas a emprender para poder salvar o seu posto de traballo”.

Pedreño tamén agregou que non é necesario que unha empresa entre en crise para ser transferida aos empregados/as. Tamén danse casos de xubilacións onde a empresa sana é transferida ás traballadoras. “A Directiva debe tomar en conta toda esta experiencia á hora de tratar a prevención de peches”, agregou.

Entre os principais obxetivos da nova Directiva, un dos que máis implementa o modelo cooperativo é o relacionado co “aumento do investimento e das oportunidades de emprego no mercado interno”. Tamén, coa “reducción do número innecesario de liquidacións de empresas viables”. Por esta razón, particularmente COCETA e CECOP apoian as ferramentas tempranas que aparecen na Directiva, e en particular, a provisión de “información disponible sobre as medidas disponibles para unha re-estructuración temprana”. Esa información debe tamén incluir a transferencia hacia as empregadas, á que se refiren un número de comunicacións da Comisión Europea desde 1993, e no Informe do Parlamento Europeo sobre a contribución das cooperativas para superar a crise (2013).

Outra das medidas aplaudidas sobre a Directiva é que argumenta que xuíces e oficiais relacionados coa insolvencia deben estar debidamente entrenados. Ese entrenamento debería tamén cubrir a transferencia do negocio aos empregados/as.

Fonte: Coceta