As cooperativas CESTOLA NA CACHOLA e FEITORÍA VERDE desenvolven un curso formativo sobre autoemprego cooperativo en Agolada dirixido a mulleres: MULLERES EMPRENDENDO E COOPERANDO DESDE O RURAL.
Trátase de formación para a creación de proxectos de autoemprego sustentables no territorio e no tempo baseados nos principios do cooperativismo e a economía social, terá unha duración de 30 horas (24 h. presenciais e 6 h. de titoría individual), entre o 13 e o 30 de novembro de 2017, no Fogar da Terceira Idade de Agolada.
Para proxectos que fomenten:
- A utilización de recursos de proximidade
- O intercambio, a xeración de redes e sinerxías entre as persoas participantes
- A economía social, a fórmula cooperativa e as súas posibilidades
Empregará unha metodoloxía participativa e contidos adaptados á realidade local e da comarca. As mulleres destinatarias son quen mellor coñecen o seu territorio e por tanto quen mellor sabe que carencias hai, que se necesita e que potencialidades ten a súa contorna.
Formación gratuíta – Prazas: 15 – Datas: 13 , 16 , 20 , 23 , 27 e 30 de novembro – Horario: 16 – 20 h.
Máis información e inscricións: info@cestolanacachola.org – telf. 679 342 562
Organiza: Concello de Agolada | Imparte: Cestola na Cachola – Feitoría Verde | Apoia: Deputación de Pontevedra