Coñece novas cooperativas socias



Presentamos a un novo grupo de cooperativas, asociadas a EspazoCoop, deixamos a súa referencia para coñecelas e que podan ser tidas en conta á hora de practicar un consumo ou comercio cooperativo, intercooperar, como aliadas á hora de realizar traballos en común, ou para facer redes no sector cooperativo.

 

• ATOUPA •


Atoupa | Consultoría social.

Atoupa é unha cooperativa de traballo asociado que se adica á consultoría social.

Buscan, a través da súa actividade, xerar coñecemento sociolóxico que contribúa ao deseño e implementación de políticas transformadoras implicando ao conxunto da sociedade. Traballan en:

  • Proxectos de investigación sociais.
  • Deseño e avaliación de políticas sociais.
  • Desenvolvemento de accións para a formación e a divulgación de coñecemento.

En Atoupa céntranse en seis liñas de acción de gran importancia para a realidade galega: o envellecemento poboacional e os dereitos sociais das persoas maiores, os fluxos migratorios e a promoción da interculturalidade, a procura da igualdade real e efectiva entre xéneros, o traballo de coidados e a súa posta en valor, a precariedade laboral e a dinamización do territorio.

Vilalba (Lugo) | Cooperativa de traballo | Redes sociais: Facebook


• BUENOS MUCHACHOS •


Buenos Muchachos (Cantina Argentina) | Restaurante

Restaurante de produtos típicos arxentinos, principalmente empanadas arxentinas, parrilla e doces. Traballan baixo o nome comercial de “Cantina Argentina” no centro histórico de Vigo.

Vigo (Pontevedra) | Cooperativa de traballo asociado | Web: cantinaargentina.es


• AS FILLOTIÑAS •


As Fillotiñas | Escola infantil

Fillotiñas é un proxecto educativo, unha escola que ofrece aos nenos/as un ensino de calidade que respete os seus ritmos, necesidades e características persoais.

As sinais de identidade da Escola son:

– Educación Respectuosa: os nenos/as precisan desenvolverse nun clima de afectividade e cariño, polo que é imprescindible que as persoas que os acompañamos sexamos para eles/as figuras de apego seguro. Para construir este vínculo é importante a presenza, a escoita, o respecto e tamén os momentos de alegría e xogo compartido.

– Aprendizaxe vivencial: é aquel que se dá a través das propias vivencias, da observación, experimentación e o xogo. Neste sentido a disposición do espacio invita ao movemento e á total autonomía, o uso de materiais desestruturados incitan o desenvolvemento da creatividade e as diferentes propostas espertarán máis a curiosidade e motivación por investigar a través dos diferentes sentidos.

– Apertura ao contorno: en relación ás familias, abrindo as portas para que todos/as participen do noso día a día e establecer así unha relación familia-escola fluída que favoreza o proceso de desenvolvemento das crianzas. E en relación á nosa contorna: saíndo á rúa e participando da vida da vila.

Redondela (Pontevedra) | Cooperativa de traballo asociado | Web: www.asfillotiñas.com 


• CLÍOS SERVIZOS DOCUMENTAIS •


Clíos Servizos Documentais | Servizos documentais

Tratamento e xestión da documentación, a información e o patrimonio cultural: Actividades de arquivos, bibliotecas, museos e outras actividades de tipo cultural e formativas.

Camariñas (A Coruña) | Cooperativa traballo asociado | Web: https://clioscoop.es/


• LENDA EDUCATIVA •


Lenda Educativa | Centro educativo

Lenda é un centro de educación, de desenvolvemento, de formación, de coidados, de bo trato, de ocio e de deporte, tamén un centro residencial de convivencia circular.

O Centro Educativo está sito en Ardaña, no Concello de Carballo. Ten 3 aulas e está nun entorno completamente rural. A filosofía e a ruta pedagóxica céntrase en ofertar o mellor para cada alumna ou alumno. Con pedagoxía activas e empíricas. Con aprendizaxe consciente.

Como Centro de Formación: as liñas de traballo están enfocadas sempre a unha continuidade de formación en comunidade:

– Formación Adaptada de cultivos agrícolas e agroxardiñaría.

– Formación Adaptada de ganadería.

– Formación Adaptada de coidados e atención á persoas en situación de dependecia.

Na área de Desenvolvemento e Vida Adulta: acompañan no día a día a todas aquelas persoas que precisen dun apoios máis significativos, dando resposta ás necesidades e estimulando as capacidades e habilidades, para que sigan formando parte da comunidade e facendo as actividades da vida diaria: deporte, coidados, actividades de convivencia interxeracional, actividades de estimulación cognitiva, ocio, e moito máis.

No ámbito do Ocio e Deporte: considerada como parte imprescindible para a vida de todas as persoas, é unha das grandes liñas de Lenda Educativa, por iso ofertan o deporte como hábito indispensable tanto dentro do plan educativo, como na área de desenvolvemento e formación, e mesmo na idade adulta, respectando á súa filosofía de actividades interxeracionais.

Comunidade Residencial de Vivendas Circulares: A comunidade residencial de vivendas circulares está destinada a todas as persoas que precisen acompañamento ou asistencia nalgún momento da súa vida. Lenda Educativa propón unha convivencia interxeracional, propón que todas as partes activas convivan e compartan.

E por último, o Coidado das Persoas: un coidado dende o bo trato, dende a seguridade que aporta formar parte activa dunha comunidade, das súas actividades e convivencias do día a día.

Carballo (A Coruña) | Cooperativa traballo asociado


• ANCORADOIRO •


Ancoradoiro | Vivenda colaborativa

Ancoradoiro é unha iniciativa cidadá que persigue construír un centro de atención para persoas maiores, no que se poida convivir de forma colaborativa.

Vigo (Pontevedra) | Cooperativa consumo | Web: www.ancoradoiro.org


• PARDIÑAS •


Pardiñas | Tenda

Comercio ao por menor de bebidas, comercio ao por menor por internet, elaboración e venda de café, té e infusións,
elaboración e venda de zumes de froitas e hortalizas.

A Coruña (A Coruña) | Cooperativa traballo asociado


• NAVIA Y DEVA •


Navia y Deva | Tenda de produtos a granel

Comercio polo miúdo de produtos a granel.

Sada (A Coruña) | Cooperativa traballo asociado


• BOAONDA •


Boaonda | Turismo alternativo

Ecoturismo Rexenerativo e Sostible.

Cedeira (A Coruña) | Cooperativa xuvenil


• YARAMA ÁFRICA •


Yarama África | Tenda de produtos africanos, e centro para a diversidade cultural

▪ Venda de produtos africanos e interculturais.
▪ Actividades de promoción e difusión das culturas africanas e afrodescendentes.
▪ Actividades de difusión e recoñecemento da diversidade cultural latente na comunidade.
▪ Actividades de promoción da igualdade de trato e non discriminación por motivo de xénero e/ou orixe.
▪ Actividades de mobilización e acción reivindicativa para recoñecer e combatir prácticas racistas normalizadas.
▪ Intervención socio-comunitaria dirixida principalmente a persoas de orixe migrante, para favorecer a súa participación social en igualdade de condicións e oportunidades.
▪ Actividades de visibilización e loita contra diversas formas de exclusión social derivadas dos proxectos migratorios.

A Coruña (A Coruña) | Cooperativa traballo asociado| Web: https://yaramaafrica.com/


• XESTA BRAVA •


Xesta Brava | Ocio e entretemento

▪ Educación e formación ambiental.

▪ Campamentos e actividades de ocio, tempo libre, cultura e etnografía.

▪ Venda de cactus, plantas e verduras en ecolóxico.

▪ Visitas ao espazo de Xesta Brava.

Ramirás (Ourense) | Cooperativa de traballo asociado | Web: www.xestabrava.com


• MANCHEA •


Manchea | Impresión gráfica

Artes Gráficas: Taller e Formación.

A Coruña | Cooperativa de traballo asociado | Web: manchea.gal


• AZUL MÁIS VERDE •


Azul máis Verde | Actividades culturais

Actividades culturais e artísticas, proxectos a través de procesos participativos.

Produción de infraestruturas e mobiliario.

Carnota (A Coruña) | Cooperativa de traballo asociado | Web: www.azulmaisverde.gal


• XACIAS •


Xacias | Comunicación

Creación de contido adaptado para redes sociais.

• Produción de artigos web SEO, podcasts e newsletters.
• Produción de branded content: entrevistas corporativas, reportaxes.
• Community management corporativo e institucional.
• Asesoría política.
• Servizo fotográfico e creación de contidos audiovisuais.
• Deseño gráfico (identidades visuais, mais tamén creatividades para redes sociais, folletos, cartelería e outros materiais que se precisen).
• Deseño de plans de comunicación e estratexias dixitais.
• Gabinete de prensa e xestión das relacións informativas.
• Obradoiros en podcasting, comunicación política e liderado.
• Xestión e cobertura de eventos corporativos e/ou institucionais.

O Pino (A Coruña) | Cooperativa Xuvenil | Web: www.xacias.com


• ORGANIC FUSION •


Organic Fusion | Tenda produtos do fogar

A Coruña | Cooperativa de traballo asociado


• TAKO GROUP •

Tako Group | Publicidade e mercadotecnia

Unha Axencia de mercadotecnia dixital.

A Coruña | Cooperativa de traballo asociado | Web: https://tako.group