Asemblea de Planificación 2024 de EspazoCoop

 

A Unión de Cooperativas EspazoCoop celebra unha Asemblea extraordinaria co obxetivo de incorporar a visión e as propostas das cooperativas socias na definición do PLAN OPERATIVO ANUAL 2024 da Unión, e presentar a proposta do SISTEMA ORGANIZATIVO.

 

Onde?: nas instalacións da sede da Deputación de Pontevedra en Vigo, na rúa Eduardo Chao 17, no Casco Vello.

Horario: 1ª convocatoria 15.30 h.  | 2ª convocatoria 16.00 h. A finalización da sesión está prevista para as 18 horas.

Convocamos a tódalas cooperativas socias para que asistan á Asemblea prevista, co fin de participar nos temas a tratar, e acadar os obxetivos que nos marcamos para esta cita coa base social da Unión de Cooperativas.

A Convocatoria da Asemblea pódese consultar neste enlace.

Para CONFIRMAR ASISTENCIA fai click aquí.

Estaremos encantadas/os de recibir ás socias de EspazoCoop.

Para máis información contacta coa Unión de Cooperativas EspazoCoop.