A Confederación Española de Cooperativas de Traballo Asociado (COCETA), da que UGACOTA forma parte, presentou os resultados finais do proxecto europeo sobre Saúde e Seguridade nos traballos de atención ás persoas WBTTH&S – (Web Based Training Tools for Health and Safety).

Os resultados poden verse na web www.wbtths.com, onde poden atoparse unha serie de vídeos educativos levados a cabo con actores profesionais, que intentan amosar as situacións de risco -e as solucións- cunha cota de humor.  Os vídeos serven para facer cursos sobre riscos laborais para as persoas que traballan no ámbito dos coidados, ben en casas particulares ben en residencias.

O material inclúe un cuestionario con preguntas a responder nun tempo determinado sobre o que ensinan os vídeos. Tamén poden verse na páxina web de referencia outra serie de traballos e axudas no referente á seguridade e a saúde no traballo.

Durante o evento, que tivo lugar no Consello Económico e Social de España (CES), participaron representantes dos cinco países que forman parte do proxecto: ANJAF y APSHSTDC, de Portugal; Balkanplan, de Bulgaria; GIE, de Rumanía; Oltremodo, de Italia, e COCETA, coordinadora do proxecto.

700 cooperativas de traballo

“Máis de 700 cooperativas de traballo forman parte deste sector que dá servizos ás persoas”, explicou Juan Antonio Pedreño, presidente de COCETA, quen presentou a xornada xunto a Marcos Peña, presidente do CES. “Trátase dunha ferramenta formativa para os servizos sociais, para que no día a día tódalas persoas que traballan no sector estén protexidas como noutras tantas actividades laborais, e que a normativa sexa cumprida en tódolos seus extremos”.

Pola súa parte, o presidente do CES agregou que estaba moi orgulloso de que proxectos coma este poidan presentarse no Consello Económico e Social, e destacou que se traballa xunto ás entidades empresariais e as persoas traballadoras para que as súas actividades poidan desenvolverse con seguridade e respecto.

Boa acollida

COCETA quiso que participara tamén na presentación unha representante dunha cooperativa adicada ao sector dos servizos de atención ás persoas. O fixo Manuela Rodríguez, presidenta da  cooperativa TOSANDE , da residencia para a terceira edade Los Balcones, quen destacou a boa acollida que tiveron os vídeos na súa cooperativa, coincidiendo co que sucedeu noutros países europeos onde se levou a cabo unha proba in situ sobre a efectividade dos mesmos.

Entre as persoas relatoras estuvieron tamén Rafael Ruiz Calatrava, presidente do Consello de Profesionais de Seguridade e Saúde no Traballo (UMIVALE); Malena Riudavert, vicepresidenta de COCETA e socia dunha cooperativa escolar, e Pedro Vicente Alepuz, director do departamento de divulgación e formación do Instituto Nacional de Seguridade e Hixiene no Traballo, quen tamén valorou o traballo realizado.

Fonte da nova: Web do Observatorio da Economía Social