A cooperativa Metal Unión, están de celebración, este ano cumpren o seu 20 aniversario.

Dende 1995 son un taller especializado en reconstrución de formigoneiras sobre camión, fan servizos de mantemento industrial e caldeiraría industrial. A cooperativa está ubicada no polígono de Seixalbo en Ourense, e cabe recordar que a súa constitución foi o resultado do proceso de transformación dunha empresa en crise, da que formaban parte aquelas persoas que decidiron sumar esforzos e asociarse para arrancar este proxecto cooperativo, iniciando así unha nova etapa, e amosando a súa viabilidade.

Na actualidade teñen acadado importantes avances para a empresa, crearon colaboracións estables con outras cooperativas da contorna e desenvolven relacións comerciais con máis de mil clientes ao longo da xeografía española e portuguesa.

Con motivo da celebración do 20 aniversario teñen previsto saír anunciados en medios televisivos :

  • No programa Zonas Vivas de Telemiño e R,  do 30 de outubro ao 5 de novembro (2 veces ao día, durante 3 minutos). O horario de inicio sae publicado todos os días en La Región.
  • Tamén sairá un spot en Telemiño, do  7 de novembro ao  7 de xaneiro de 2016 de 20 segundos.

Queren agradecer ás amizadas e á clientela a confianza depositada neles/as.

Parabéns Metal Unión !

Fai clic para ver o vídeo :