Acto de presentación da Estratexia Galega de Economía Social | EGAES H27, en Ribadavia
A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, organiza o “Acto de presentación da Estratexia Galega de Economía Social | EGAES H27” que terá lugar o mércores 31 de xaneiro, ás 11.30 horas, na Cooperativa Viña Costeira Val de Pereira, s/n. 32415. Ribadavia (Ourense), e se convida ás cooperativas da Unión de Cooperativas EspazoCoop a asistir e participar a este evento.
Economía Social para unha Economía Sostible
O acto conta no seu programa coa Presentación dos eixos estratéxicos e accións destacadas da estratexia EGAES H27 e proxección dun vídeo, a cargo do Director xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social.
A continuación celébrase unha mesa redonda, O presente e futuro da Economía Social Galega, na que dende EspazoCoop intervirá a presidenta da Unión, Ana Olveira Blanco, que compartirá mesa con representantes de Asociación de Empresas de Inserción de Galicia, Asocición de Empresas Laboria de Galicia, Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias, Asociación Empresarial de Centros Especiais de Emprego e o Foro pola Economía Social Galega.
O peche institucional estará a cargo de Elena Rivo López, Conselleira de Promoción de Emprego e Igualdade.
Finalizará o acto cun Café Networking para tódalas persoas asistentes a partir das 12.30 h.
Confirmación de asistencia no email: eventos.emprego.igualdade@xunta.gal
Programa: Presentación EGAES H27
Web: Estratexia Galega de Economía Social