Cal foi a motivación principal para iniciar a vosa empresa cooperativa? 

Gustábamos a horizontalidade na xestión das cooperativas e os valores que estas transmiten.

Cales foron os principais retos ao converter a idea nun negocio? 

No noso caso xa tiñamos o negocio en marcha antes de formar a cooperativa. Levábamos anos funcionando como autónomos pero baixo unha mesma marca comercial. Polo que no noso caso o proceso foi moi pouco a pouco.

Como lle axudaron os programas de EspazoCoop, entre eles, EspazoCoop Emprende? 

No noso caso estes programas foron claves para poder crear a cooperativa, xa que nos resolveron todas as dúbidas e nos acompañaron no proceso dende o minuto un.

Que recursos ou apoio do programa foron máis valiosos para vosa cooperativa? 

A confianza que transmiten os traballadores, no noso caso tivemos a sorte de contar con Teresa, que conseguiu que emprender non dera tanto vértigo. Cando falas con alguén que sabe tanto dun tema dache tranquilidade.

Que recomendacións tedes para futuros participantes do programa? 

Que confíen plenamente nas traballadoras e traballadores de EspazoCoop.

De todos os servizos ofrecidos en EspazoCoop Emprende (asesoramiento, formación, soporte…), cal que pensades que aporta maior valor para mellorar as posibilidades de éxito da vosa cooperativa? 

O asesoramento na creación da cooperativa nos inicios e o soporte cando xorden dúbidas sobre novas cuestións.