A Unión de Cooperativas Espazocoop, levará adiante a organización técnica do VII Foro de Investigación Xuvenil, promovido pola Cooperativa Claimo ( Colexio Alborada ).
Nas edicións anteriores participaron tamén outras cooperativas de ensino como o Colexio Santiago Apostol de Soutomaior ou o Colexio Abrente, pero gustaríanos contar coa participación e a presencia de máis centros asociados da nosa Unión, polo que vos convidamos a interesarvos por esta actividade e que participedes co voso alumnado.
Este é o programa e o cartel do pasado ano: Programa ano pasado – Cartel ano pasado
E aquí tes o acceso á galería fotográfica da última edición: Galería de fotos do Foro 2016
Quedamos a vosa disposición , para calquera consulta ou dúbida que teñades ao respecto no teléfono. 986 866 149.
OBXETIVOS
Os traballos se expoñen mediante presentación oral co apoio tecnolóxico que precise o grupo, durante un máximo de 10 minutos.
Todos os traballos se publican nun libro de memorias do evento, se algún centro está interesado en ver a memoria doutras edicións pode poñerse en contacto con Espazocoop – Sectorial de Ensino (antes Ucetag).
O Foro pretende:
– Potenciar a investigación dos alumnos e alumnas de secundaria e as metodoloxías que promovan a investigación, a creatividade e o inxeñio do alumnado.
– Fomentar a investigación como metodoloxía.
– Impulsar a difusión do seus resultados e a comunicación da ciencia.
– Introducir dinámicas que potencien o interese pola ciencia en xeral.
– Propiciar o acercamento das diferentes comunidades autónomas ao fomentar a convivencia entre mozos e mozas de diferentes rexións.
COMO PARTICIPAR
A participación no VII Foro Intercomunitario de Investigación Xuvenil está aberta tanto á presentación de talleres como de ponencias nas que os estudiantes exporán os resultados da súa investigación.
Os ámbitos dos traballos participantes están abertos a calquera tema que fora investigado e estudado con rigor e seguindo as pautas do método científico. Existe tamén a posibilidade de presentalo en formato taller.
Para participar no VII Foro simplemente tes que cubrir a seguinte ficha de inscrición no enlace:
ONDE E CANDO SE CELEBRA O FORO ?
Lugar: Santiago de Compostela | Días: 11, 12 e 13 de Maio de 2017.
PRAZO DE INSCRICIÓN
Antes do 3 de Febreiro de 2017.