Axudas do Plan Integral de Impulso á Economía Social para 2025

 

 

A 3ª convocatoria de axudas para o Plan Integral de Impulso á Economía Social (PERTE) é unha iniciativa do Ministerio de Trabajo y Economía Social que ten como obxectivo financiar proxectos en materia de economía social no ano 2025.

A convocatoria, dotada cun orzamento de 39 millóns de euros, está enmarcada no Compoñente 23: “Novas políticas públicas para un mercado de traballo dinámico, resiliente e inclusivo”, do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.

Estas axudas fan parte, á súa vez, do PERTE da Economía Social e dos Coidados, o único destas características na Unión Europea, que está dotado con máis de 2.500 millones de euros e implica a 10 ministerios.

Que obxectivos persegue a convocatoria?

Estas axudas, que se presentan en réxime de concorrencia competitiva, están destinadas a impulsar a xeración dun tecido económico inclusivo e sostible mediante o financiamento de proxectos de cinco programas ou categorías.

  • Programa 1: TRANSFORMA_ES. Proxectos en materia de xeración e mantemento de emprego de empresas viables que atravesen dificultades ou sen relevo xeracional actual ou previsible, mediante a súa conversión en fórmulas empresariais da Economía Social xestionada polos seus traballadores e traballadoras.
  • Programa 2: INICIATIVA_ES. Proxectos de creación e consolidación de entidades do tecido produtivo da Economía Social con carácter innovador, incidindo no relevo xeracional e no emprendemento xuvenil e feminino.
  • Programa 3: IMPULSA-TEC. Proxectos trasformadores de apoio á modernización tecnolóxica das empresas da Economía Social mediante a creación de plataformas dixitais, a automatización de procesos e o uso de ferramentas tecnolóxicas co fin de mellorar o benestar da cidadanía, especialmente nas zonas rurais.
  • Programa 4: ALIANZAS_ES. Proxectos de promoción de redes de cooperativas, sociedades laborais e outras fórmulas de Economía Social acompañada de medidas para ofrecer novos servizos integrais á sociedade.
  • Programa 5: SOSTIBLE_ES. Proxectos de impulso das transicións sostibles e inclusivas de empresas da Economía Social e focalizada na atención de colectivos en situación de vulnerabilidade.

A quen van dirixidas as axudas?

  • Entidades representativas de cooperativas, de sociedades laborais, de empresas de inserción e de calquera outra entidade da Economía Social. E agrupacións das anteriores.
  • Entidades da Economía Social que realicen actuacións no ámbito nacional, e agrupacións destas.
  • Agrupacións de entidades tales como as universidades, centros de investigación e as administracións das comunidades autónomas, as entidades que integran a administración local e o sector público institucional.

As axudas ás que poden acceder os proxectos beneficiarios poden chegar  ata o 50% dos custos subvencionables no caso das pemes e ata un 15 % nas grandes empresas.

O financiamento poderá adicarse, entre outros conceptos, a custos de persoal, mobilidade, activos materiais, activos inmateriais, asistencias externas, solucións tecnolóxicas, ou investimentos.

Convocatoria e prazo de presentación

O prazo de presentación de solicitudes é ata o 12 de febreiro de 2025

 

Nova relacionada (fonte): Coñece a terceira convocatoria de axudas do plan integral de impulso á economía social, Perte