O Concello de Vigo convocou ás axudas municipais á creación de empresas 2014 , co obxeto de colaborar na xeración de emprego no municipio mediante o apoio económico da posta en marcha de novos proxectos empresariais. Este programa está dotado con 150.000 € .
Fai clic : Convocatoria
Beneficiarias :
– Empresariado individual
– Pemes, independentemente da fórmula xurídica
Inicio de actividade : Entre o 1 de abril de 2013 e o 31 de marzo de 2014 (entendendo como data de inicio de actividade a alta no IAE)
Importe máximo das axudas : 3.000 € por empresa
Entre outros requisitos : Que a empresa teña enderezo fiscal e social en Vigo
Prazo de solicitude : 29 de agosto de 2014
As axudas son compatibles con outras axudas, sempre que se cumpran os requisitos indicados nas bases reguladoras