Programas de fomento do cooperativismo dentro da Rede Eusumo da Xunta de Galicia

 

 

– Programas de fomento do cooperativismo, dentro da programación da Rede Eusumo.

– Cofinanciado pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade – Xunta de Galicia.

– Período: Dende 2016 – En curso.


 

A Rede Eusumo, é unha rede de colaboración impulsada pola Xunta de Galicia en 2012, e os programas que cofinancia teñen como prioridade o fomento do cooperativismo e a economía social en Galicia.

EspazoCoop é entidade socia colaboradora da Rede Eusumo dende 2016 e desenvolve dende entón, anualmente, actividades, servizos e programas para impulsar e promover o cooperativismo no marco da Rede Eusumo e das convocatorias da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade. Tales como: servizos de apoio á creación de cooperativas, servizos de consolidación e asesoramento de cooperativas, charlas de sensibilización cooperativa, formación cooperativa, xornadas, programas de intercooperación, bolsas en cooperativas, campañas, manuais…

Programación 2024

Relación de actividades aprobadas para a anualidade 2024:

  • Formación: Itinerario Muller a cooperativa é para ti, neste enlace
  • Formación: Itinerario A cooperativa alternativa de emprego para a mocidade, neste enlace
  • Formación: Itinerario Coopera Rural fortalecemento do tecido cooperativo no rural, neste enlace
  • Formación: Cadros directivos en cooperativas, neste enlace
  • Formación comercial: coopera, comunica e vende.
  • Programa de sensibilización para a promoción e impulso do cooperativismo, neste enlace
  • Programa +COOP. Asesoramento para o emprendemento cooperativo.
  • Programa CONSOLIDA+. Asesoramento para a consolidación cooperativa.

As actividades van dirixidas a:

  • Dar a coñecer e fomentar o cooperativismo.
  • Apoiar e acompañar procesos de creación de cooperativas.
  • Contribuír á consolidación das cooperativas existentes, mediante o seu acompañamento, asesoramento, e a adquisición de coñecementos, e competencias para mellorar a xestión da cooperativa, que favoreza a súa gobernanza, a súa viabilidade e a súa mellora.

Máis información sobre algúns dos programas:

Programa +COOP

Programa CONSOLIDA+