Programa +COOP: apoio na creación de cooperativas

O Programa +COOP da Unión de Cooperativas EspazoCoop, realizado dentro da programación 2023-2024 da Rede Eusumo, ten por finalidade asesorar e acompañar a grupos de persoas que promoven empresas cooperativas, de xeito gratuíto en todo o ámbito de Galicia.

A Unión conta cun fondo de 400 horas ata 30 de setembro de 2024 para prestar o servizo, sendo EspazoCooop unha entidade de referencia en Galicia na promoción das cooperativas é un dos puntos aos que acodir para coñecer como poñer en marcha unha empresa deste tipo.

Dende outubro de 2023 véñense beneficiando distintas persoas e colectivos usuarios de +COOP que dá apoio á cidadanía para acceder ao emprego mediante a organización de proxectos laborais cun modelo cooperativo, ofrece soporte para organizar a súa actividade laboral con este tipo de empresas de autoemprego colectivo.

+COOP facilita orientación, información, asesoramento, e acompañamento especializado para facer dunha idea de negocio e das actividades profesionais, proxectos cooperativos viables, económica e societariamente, prestando:

  • a orientación para coñecer o modelo cooperativo,
  • a análise da idea inicial de actividade laboral,
  • o apoio na elaboración do plan de empresa,
  • a elaboración de estatutos sociais,
  • o asesoramento no financiamento,
  • o apoio na tramitación das axudas para cooperativas,
  • a constitución formal da cooperativa.

Os servizos e os procesos de atención a usurias realizados dende a Unión de Cooperativas, son reflexivos e participados, e pasan por distintas etapas antes da constitución da cooperativa, dependendo do grao de maduración do grupo emprendedor e do proxecto, polo que se deseña un itinerario personalizado, a medida das necesidades, podendo prestarse o servizo mediante sesións telemáticas e presenciais.

+COOP marcouse como obxetivos:

  • titorizar e acompañar en procesos de creación de cooperativas, especialmente, cooperativas de traballo
  • facilitar recursos e ferramentas específicas de xestión, de autodiagnose e planificación, así como boas prácticas que axuden na maduración de proxectos cooperativos
  • visibilizar os resultados e as boas prácticas e experiencias de +COOP 2023-2024

Os servizos esperan atender a un mínimo de 25 proxectos, e no relativo á visibilización do programa, está previsto realizar una Xornada final de Resultados de +COOP para presentar os datos máis salientables, as liñas de axudas públicas para o emprendemento cooperativo e experiencias de cooperativas formadas co apoio de +COOP.


MÁIS INFORMACIÓN E CONTACTO PARA SOLICITAR +COOP :

Unión de Cooperativas Galegas EspazoCoop – info@espazo.coop – 981 57 55 78

www.espazo.coop


ESTA INICIATIVA, +COOP, CONTA CO APOIO E ENMÁRCANSE NO PROGRAMA:

Programa 2023-2024 da REDE EUSUMO, que é unha rede de colaboración para o fomento do cooperativismo impulsada pola Dirección Xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social da Consellería de Promoción Económica e Igualdade, e co financiamento do Ministerio de Traballo e Economía Social do Goberno de España.