A Rede Eusumo organiza unha Xornada de promoción do cooperativismo en servizos socias tituladas “A fórmula cooperativa nos servizos sociais”. Esta actividade está integrada no plan de actuación da rede para este ano 2014.

Terá lugar o luns 22 de decembro na Deputación de Pontevedra, en horario de 10.30 h. a 13.00 h.  A través da mesma preténdese amosar as vantaxes e particularidades da fórmula cooperativa como o mellor modelo empresarial para impulsar proxectos de iniciativa social.

Vai dirixida a tanto a persoas interesadas en impulsar proxectos sociais, como a persoas interesadas en formación relativa as actividades ligadas ás iniciativas sociais.

A través destas xornadas se perseguen os seguintes obxectivos:

· Coñecer o marco dos servizos sociais en Galicia.
· Achegar o modelo cooperativo a persoas que pretenden emprender no sector de  servizos sociais.
· Dar a coñecer referentes cooperativos neste sector.
· Mostrar os recursos e apoios existentes para impulsar proxectos cooperativos no sector servizos sociais.

Inscrición:

O obradoiro ten carácter gratuíto. Prazo de inscrición: ata o 21 de decembro.

Pódeste inscribir chamando ao telefono 981 55 80 08 ou a facilitando o teu nome, DNI, teléfono e correo electrónico ao enderezo info@eusumo.coop

Para máis información: Tlf: 981 55 80 08 – www.eusumo.coop – info@eusumo.coop

xornada_coop_servizosociais