A Dirección Xeral de Traballo e Economía Social, pon en marcha unha nova edición dos cursos de formación e divulgación do cooperativismo a través da plataforma de teleformación do Consello Galego de Cooperativas.
As accións formativas desenvolveranse de Novembro de 2013 a Febreiro de 2014 e son completamente gratuítos.
Os cursos ofertados son:
- Formación Cooperativa Básica
- Formación Cooperativa en Xestión e Dirección
- Habilidades Sociais Básicas en cooperativas
- Márketing/Comercialización de produtos e servizos
- Responsabilidade Social das cooperativas
- Planeamento Estratéxico
- Muller, cooperativismo e igualdade de xénero
- Fomento cooperativo
Inscrición en : www.teleformacióncooperativa.com
Máis información na web do Consello: www.cooperativasdegalicia.coop
e nos tfnos: 881.999.268 // 654.728.621