A Dirección Xeral de Traballo e Economía Social da Consellería de Traballo e Benestar aposta por mellorar a comunicación e visibilidade das cooperativas coa organización do obradoiro “Creando unha web autoxestionable para a vosa cooperativa ! “.
Este obradoiro, dirixido principalmente ás cooperativas, está estruturado en dúas sesións que se celebrarán os días 17 e 18 de decembro nas aulas CeMIT da Xunta de Galicia en A Coruña. Ambas sesións celebraranse en horario de tarde das 16:30 h. as 19:30 h.
A través deste obradoiro as persoas participantes aprenderán a crear, deseñar e autoxestionar o seu propio Blog ou Website a través do manexo do software libre WordPress.
Máis información : no teléfono 981 558 008 ou no enderezo info@eusumo.coop.
 
			
					 
									 
	 
	 
	![EspazoCoop promove o 4º Congreso Galego de Cooperativas de Ensino [15 nov.]](https://espazo.coop/wp-content/uploads/2025/10/4o-Congreso-Coops-Ensino5-500x383.jpg) 
	