A Fundación CEL Iniciativas por Lugo, como centro da Rede Eusumo acollerá no mes de setembro dous cursos gratuítos de mercadotecnia dixital para cooperativas, sociedades laborais e emprendedoras/es interesadas/os nestas fórmulas de economía social.

No primeiro deles, que se desenvolverá do 11 ao 14 de setembro en horario de tarde, aprenderás a instalar, configurar, gestionar e optimizar WordPress, o xestor de contidos máis popular do mundo, que é usado en tres de cada catro webs corporativas do planeta. Xunto aos aspectos técnicos, tamén se abordarán as claves para desenvolver unha estratexia de mercadotecnia de contidos adecuada para o teu negocio ou proxecto a través desta ferramenta.

No segundo curso (do 19 ao 21 de setembro) entenderás a importancia que teñen as redes sociais como canles de comunicación, promoción e venda. Centrarémonos nalgunhas das máis importantes como Facebook, Twitter ou YouTube, explicando o seu funcionamento e adquirindo os coñecementos necesarios para levar a cabo unha estratexia social media eficiente.

PROGRAMA aquí
Máis información no teléfono 982/284150, email: formacion@fundacioncel.org e no seguinte enlace: aquí