O 30 aniversario da Confederación Española de Cooperativas de Traballo Asociado (COCETA) é o motivo do cupón da ONCE do sábado, 8 de xullo. Cinco millóns e medio de cupóns levarán por toda España esta celebración.

O cupón foi presentado por Pablo Ascascibar, presidente da organización de cooperativas de Madrid, Cooperama, en representación de COCETA, e Alberto Durán, vicepresidente da ONCE.

A Confederación Española de Cooperativas de Traballo Asociado (COCETA) traballa para dar visibilidade á figura do cooperativismo de traballo. As organizacións que a forman representan a preto de 17.000 empresas cooperativas de traballo, con máis de 210.000 empregos fixos e de calidade. Nelas, as mulleres ocupan case o 50% dos postos, con alto liderado, flexibilidade e conciliación.

Constituída en 1986 como Asociación Cooperativa, de carácter confederal e multisectorial, está integrada polas Federacións/Unións/Asociacións de Cooperativas de Traballo das diferentes Comunidades Autónomas.

Para COCETA, o cooperativismo é unha forma de emprender, creando empresas baseadas nos principios de democracia, autoxestión, solidariedade e responsabilidade social. Entre as súas principais actividades destacan, representar e defender os intereses das Cooperativas de Traballo mediante iniciativas lexislativas e relacións con outras institucións; planificar plans formativos e de programas de dinamización do emprego; ou mostrar á sociedade que son as cooperativas de traballo e o seu papel como empresas. Para máis información: www.coceta.coop.

O cupón da ONCE ofrece, as fins de semana, un premio principal ás cinco cifras e serie de 300.000 euros, máis 5.000 euros ao mes durante 20 anos consecutivos a un só cupón do número e serie premiados na primeira extracción. Ademais, premios de 2.000 euros ao mes durante 10 anos consecutivos, aos catro cupóns dos números e serie premiados nalgunha das extraccións da segunda á quinta. 54 premios de 20.000 euros ás cinco cifras do número premiado na primeira extracción. E premios de 400, 200, 30, catro e dous euros.

Os produtos da ONCE comercialízanse polos máis de 20.000 axentes vendedores da ONCE. Grazas ao Terminal Punto de Venda (TPV), a clientela pode elixir o número que máis lle guste. Ademais, pódense adquirir a través da web de xogos da ONCE www.juegosonce.es.

Fonte: Departamento de comunicación de Coceta.

*A Unión de Cooperativas ESPAZOCOOP está integrada en COCETA.