Vídeo | Acompañando na creación de cooperativas

 

 

Para formar unha empresa cooperativa é recomendable contar co apoio de organizacións especializadas neste modelo empresarial, que destaca pola súa xestión democrática, a participación, e a dimensión social.

Algunhas cooperativas creadas co acompañamento da Unión de Cooperativas EspazoCoop, suliñan a importancia de recibir asesoramento e estar apoiadas no proceso de posta en funcionamento dunha empresa cooperativa, así o contan neste vídeo:

  • Xacias S. Coop. Galega (Comunicación)
  • BoaOnda S. Coop. Galega (Ecoturismo e permacultura)
  • Lenda Educativa S. Coop. Galega (Centro de educación especial)

Estes proxectos profesionais son testemuñas e protagonistas de varios emprendementos cooperativos.

O vídeo que presentamos “Acompañando na creación de cooperativas” da Unión de Cooperativas EspazoCoop foi realizado coa cooperativa Xarda, no marco e co financiamento do Convenio de Colaboración 2023 entre a Deputación da Coruña e EspazoCoop.