O programa de Radio Televisión Española, Documentos TV, emitiu o 30 de decembro de 2012 unha reportaxe sobre Finanzas éticas, no que se presentan opcións como Coop57, que conta con sección galega e da que tanto Ugacota como outras asociacións de cooperativas, persoas socias colaboradoras, cooperativas diversas, e outras organizacións sociais, formamos parte.
Tamén amosan outras opcións como Fiare ou Tríodos.
A reportaxe ilustra como a economía social e solidaria estase a dotar de sistemas financeiros alternativos acordes cos seus principios. Como as persoas prefiren o beneficio social antes que o monetario e deciden confiar os seus aforros ás entidades que lles din en que e para que usan o seu diñeiro, ou como as persoas e organizacións buscan un uso responsable do seu diñeiro acorde cos seus valores.
En lugar da economía especulativa promoven a economía real no contorno máis cercano, practican a transparencia, xa que publican tódalas inversións, e orientan as súas operacións cara os beneficios sociais e medioambientais.