A cooperativa de traballo Seragro desenvolve, os días 14 e 15 de novembro, no auditorio da Facultade de Veterinaria de Lugo (USC) unha nova edición, a décimo primeira, das Xornadas Técnicas de Vacún de Leite de SERAGRO, que este ano xirarán en torno ao manexo do rabaño. As xornadas técnicas gozan dunha excelente consolidación no calendario do sector gandeiro.
A asistencia é libre e gratuíta.