Queres ser parte dunha rede de mulleres emprendedoras?

 

Da mán da nosa socia a cooperativa 50pés consultoras preséntase na Galicia a Escuela de Emprendedoras Juana Millán, unha plataforma en liña de ámbito estatal, que ofrece formación especializada en xestión empresarial para mulleres emprendedoras en calquera fase do proceso emprendedor, xa sexa no momento inicial de arranque, ou en negócios xa consolidados.

Conta cunha programación financiada e contínua durante todo o ano, que inclúe itinerários formativos, mentorías individuais, asesorías especializadas, webinars con temáticas concretas e actuais, así como os Premios da escuela Juana Millán.

Alén da actividade formativa, consta dunha rede de emprendedoras e formadoras especializadas e con perspectiva feminista, coas que compartir este camiño tan fascinante como complexo que é a posta en marcha e sostemento dun negocio, contando para este fin, coa proximidade das compañeiras de 50pés consultoras, coñecedoras da realidade galega, e coa proxección a nível estatal que aporta a escola Juana Millán.

Se soa podes, mas con socias mellor, contacta para unirte.

Anota os próximos eventos e actividades e participa:

Xullo

  • Premios 2024: convocatoria aberta ate o 7 de xullo. Preséntate!
  • Café-networking presencial “Tecendo Redes Emprendedoras”, na cooperativa A Morada de Vigo – venres 12 de xullo de 10:00 a 11:30.

Setembro

  • Curso de Inmersión no proceso emprendedor. Inclúe formacións, titorías e asesoramentos especializados – inicio 16 de setembro. Aberta preinscrición!.

Xuño

  • Caixa de ferramentas en liña. ¿Puedo ofrecer formación bonificada a través de FUNDAE a otras empresas? – 4 de xuño de 11:00 a 13:00.
  • Curso modular Mellorar a nosa imaxe de marca e a nosa comunicación – inicio 6 de xuño. Aberta preinscrición!.
  • Caixa de ferramentas en liña. Empoderamiento digital: IA y herramientas clave para emprendedoras – 11 de xuño de 11:00 a 13:00.
  • Caixa de ferramentas en liña. Crea un vídeo resultón para os Premios 2024 – 18 de xuño de 11:00 a 13:00.