A cooperativa socia de Espazocoop, A Panadaría, compañía de teatro, busca unha persoa traballadora para as áreas de administración e produción.
Para cubrir o posto precisan unha persoa con experiencia previa e coñecemento sobre cooperativas. Estudos en administración e finanzas e contabilidade. Bilingüe galego-castelán e con alto nivel de inglés. Ofrecen contrato temporal de 6 meses a media xornada con posibilidade de ampliación. Incorporación a partir do mes de setembro e sede do posto en Vigo.
As persoas interesadas en candidatarse deben enviar o seu CV e unha carta de motivación, antes do 30 de agosto, ao seguinte enderezo electrónico: apanadaria@hotmail.com, indicando no asunto “QUERO TRABALLAR CON VÓS”.
Deixámosvos a información sobre a oferta de emprego.