A cooperativa Catro Ventos Editora lanzan “A pegada dixital”
Catro Ventos informa do inminente lanzamento da obra A pegada dixital, que leva por subtítulo Repensar as tecnoloxías para avanzar cara á sustentabilidade.
Pensan que é un título acaído dentro do debate no que se tende a confundir a evolución cara á dixitalización cunha menor pegada ecolóxica, nun escenario no que estamos supeditados ás xigantescas corporacións tecnolóxicas e no que o dixital entrounos pola porta en forma de smartphone, streaming e intelixencia artificial.
Esta obra conta cunha autoría colectiva, denominada Digitalization for Sustainability (D4S), unha rede de investigación na que académicos e profesionais europeos, de múltiples disciplinas científicas e correntes de pensamento achegan os resultados das súas investigacións co obxectivo de que a dixitalización vaia da man da sustentabilidade.
A obra sae para a semana que ven (a partir do 20 de maio), aínda está en prevenda, e tanto as persoas do equipo de EspazoCoop como as cooperativas asociadas, contan cun desconto vixente ao longo deste ano 2024 do 10 % en tódolos títulos.
-Fai clic: prevenda A pegada dixital
-Fai clic: ficha descritiva A pegada dixital