Xornada ‘Fomento do Cooperativismo de Consumo’ | 22 de setembro
[Unha actividade dentro do Convenio de Colaboración 2022 entre o Concello de Santiago de Compostela e a Unión de Cooperativas EspazoCoop ].
A Xornada presencial “Fomento do Cooperativismo de Consumo” é unha actividade do convenio de colaboración que EspazoCoop realiza co Concello de Santiago de Compostela durante 2022.
O evento fai parte dun conxunto de accións do programa “Impulso dun ecosistema emprendedor na economía social” destinado a visibilizar e promover o cooperativismo e a economía social.
FOMENTO DO COOPERATIVISMO DE CONSUMO divulgará novos modelos de cooperativismo de consumidoras e usuarias e experiencias ofrecidas pola economía social para o consumo.
Contaremos coa participación de cooperativas de consumo do sector da Alimentación e o comercio minorista, como a Red de Supermercados cooperativos e Árbore Consumo Consciente, S. Coop. Galega. Tamén estarán cooperativas de consumo do sector da autoprodución e comercialización de Enerxía, como Enherkom Coop e Nosa Enerxía, S. Coop. Galega.
Obxetivos da xornada:
- Difundir as vantaxes e potencialidades da cooperativa para organizar o consumo de xeito autoxestionado.
- Divulgar experiencias de cooperativas de consumo en varios sectores, especialmente na Alimentación e na Enerxía.
- Detectar iniciativas de cooperación no ámbito do consumo entre a cidadanía e o tecido da economía social, que sexan susceptibles de facer parte de procesos de creación ou consolidación mediante o modelo cooperativo.
Data e Horario: Xoves 22 de Setembro de 2022, de 10.00 a 14.00 h.
Lugar: En Santiago de Compostela. Salón de Actos de CERSIA Empresa, R/ Alcalde López Pol s/n (San Lázaro).
Fai clic para consultar o Programa e realizar a Inscrición:
Contacto para esta actividade: 986 866 149 – 687 324 784 – ramon@espazo.coop
Organiza e coordina: Unión de Cooperativas EspazoCoop – www.espazo.coop