PROXECTO LACES : LABORATORIOS DE APOIO Á CREACIÓN DE EMPREGO E EMPRESAS DE ECONOMÍA SOCIAL

22 DE SETEMBRO – MUSEO PEDAGÓXICO DE GALICIA (SANTIAGO DE COMPOSTELA) – 10 – 14 HORAS

A xornada de presentación ten por obxetivo dar a coñecer o potencial da economía social para xerar emprego de calidade e fomentar a innovación sectorial, así como presentar o conxunto de iniciativas para o impulso de proxectos de economía social promovidos polas organizacións socias do proxecto Poctep LACES.

O encontro está dirixido a empresas e organizacións, e a persoas ou grupos emprendedores na economía social que desexen buscar apoio e acompañamento nos seus procesos de creación, modernización e crecemento.

INSCRICIÓN: laces.emprego@xunta.es – 986 419 922 ext. 2004

PROGRAMA: Aquí

A Unión de Cooperativas Espazocoop somos entidade socia do proxecto, xunto a USC, Agaca, Aesgal, Utad, TecMinho, Incubo, ADRAVE.