A Unión de Cooperativas EspazoCoop vai colaborar coa seguinte actividade coa Fundación Mujeres na que te animamos a participar!
Dende a Fundación Mujeres convidan a asistir ao XIX Encontro de Emprendedoras e Empresarias o xoves 20 de xuño en horario de mañá, de 9.30 a 14 horas na Coruña. Coincidindo co remate do Curso de Creación de Empresa, organizan o XIX Encontro de Emprendedoras e Empresarias  para intercambiar e compartir ilusións e proxectos emprendedores.
Será no Centro Municipal de Empresas Accede Papagaio da Coruña.
Contan cun programa que se desenvolverá do seguinte xeito:
  • Inauguración.
  • Mesa institucional e introdución temática Empresa Social.
  • Panel de emprendedoras de Fundación Mujeres (alumnas do CCE)
  • A miña empresa nun minuto (Empresarias que desexan compartir os seus proxectos con nós, salientando o enfoque social do proxecto)
  • Café networking.
  • Panel de empresarias: Mulleres empoderadas e Empresa Social.
  • Espellos nos que mirarnos: Empresarias Sociais e boas prácticas.
  • Clausura.
A Unión de Cooperativas Espazocoop participa na mesa institucional e tamén o farán as cooperativas socias D’Raíz, Artigo 14, Medatlantia e Mulleres Colleiteiras nas distintas mesas.

Programa aquí

Inscríbete aquí