Web de convocatorias do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia
Esta semana deuse a coñecer unha nova Páxina do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.
A web do Plan de Recuperación publica o calendario de convocatorias para os próximos seis meses, de xaneiro a xuño de 2022. Web: neste enlace
O Goberno incorporou un novo apartado á páxina web do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, no que informará con antelación das convocatorias previstas para o próximos seis meses.
O obxectivo é que cidadáns, empresas -e en especial, pemes- dispoñan de información anticipada sobre como se van a canalizar os fondos do Plan de Recuperación e poidan identificar con tempo as licitacións e concursos do seu interese. Desta forma, o Goberno reuniu as previsións de todos os
ministerios sobre as convocatorias que van publicar ata xuño de 2022 e elaborou un calendario detallado do conxunto do Plan para o próximo semestre.
A partir do 1 de febreiro, poderanse consultar as futuras convocatorias, ordenadas por trimestre, así como os sectores aos que se dirixen e os seus destinatarios. Esta previsión actualizarase periodicamente. A nova ferramenta que incorpora a web achega así certeza e transparencia aos
beneficiarios do Plan.
As convocatorias previstas no primeiro semestre de 2022 mobilizarán máis de 24.600 millóns de euros, incluídas as procedentes da Administración Xeral do Estado e as das comunidades autónomas, alcanzándose así a velocidade de cruceiro no despregamento do Plan de Recuperación,
Transformación e Resiliencia. Os concellos son tamén actores crave na execución estes fondos: durante os primeiros meses de 2022 ponse ao dispor das entidades locais máis de 6.000 millóns de euros.
Ademais, a páxina do Plan de Recuperación xa conta cun buscador das últimas convocatorias financiadas polos fondos europeos. Desta forma, publicáronse máis de 530 convocatorias, por un valor superior aos 19.700 millóns de euros. Desde o pasado mes de novembro, a web recolle tamén
un boletín semanal que recompila as últimas licitacións, axudas, subvencións e outras actuacións do Plan de Recuperación reflectidas no BOE, así como nos boletíns oficiais das comunidades autónomas. Empresas e cidadáns interesados tamén poden acceder á información sobre as
convocatorias, PERTE -plans estratéxicos con gran capacidade de arrastre para o crecemento económico- e manifestacións de interese do plan.
A web do Plan de Recuperación incorporou cada vez máis contidos e información de utilidade para a cidadanía e as empresas sobre o despregamento deste ambicioso programa de reformas e investimentos. Hai unhas semanas presentou un mapa que recolle ao detalle a xestión dos recursos
distribuídos ás comunidades autónomas, incluído unha desagregación das distintas políticas públicas, investimentos e programas, con datos descargables de execución.
Accesible desde o pasado mes de xullo, a páxina supón un esforzo de transparencia para facilitar e achegar a información do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia á sociedade.
A ligazón á páxina é: https://planderecuperacion.gob.es
[ Fonte da nova: vía Coceta ]