VIRADA, a proposta de ALGALIA para acompañamento de persoas e equipos

“Unha das manobras máis importantes na náutica a vela é a virada, que consiste en cambiar de rumbo. A virada ten varias formas de realizarse, xestionando as velas e a tripulación para aproveitar os vento…”.

Esta acción mariñeira dá nome e inspira ao referente co que a nosa socia ALGALIA S. Coop. Galega agrupa as súas propostas de acompañamento a persoas, equipos e organizacións da economía social: VIRADAVer máis.

Na actualidade, VIRADA desprégase en tres liñas de actuación:

1. O programa de acompañamento de persoas para o desenvolvemento do seu liderado, VIRADA Liderado. Ver máis.
2. O programa de acompañamento a equipos para o seu fortalecemento, VIRADA Equipos. Ver máis.
3. O servizos de Coaching persoal e Coaching de Equipos, que desenvolve acompañamentos a petición de persoas e líderes de equipos. Este é o seu equipo de coachs: ver máis.

Neste momento están abertos os procesos de inscrición para VIRADA Liderado (remata o 23 de marzo) e VIRADA Equipos (remata o 15 de marzo). As persoas e equipos interesados dispoñen de información detallada nos seguintes portafolios:
 VIRADA Liderado, ano 2021, V Edición. Descarga o PDF.
 VIRADA Equipos, ano 2021, IV Edición. Descarga o PDF.

Úneste á tripulación?

David Pereiro. Responsable de VIRADA.
david.pereiro@algalia.com  – 687 87 94 14

Ademais, na nova web de referencia de VIRADA, podes achegarte a través de breves vídeos -pica aquí- aos seus enfoques, comunican as súas iniciativas e comparten a experiencia de persoas e organizacións que confiaron no seu acompañamento.

Colaboradores do programa: Mondragón Unibertsisatea – EDE Fundazioa