[ Almorzos Cooperativos Virtuais ]

‘COOPERATIVAS SEN ÁNIMO DE LUCRO’

A Unión de Cooperativas EspazoCoop organiza un Encontro Telemático para darlle continuidade á liña de traballo ao redor das especificidades das Cooperativas sen Ánimo de Lucro de EspazoCoop. A sesión está prevista para o venres 12 de Febreiro ás 9.30 h. e terá unha duración de 2 horas.

O Almorzo Cooperativo ten como obxetivo seguir abordando e avanzando nas necesidades, proxectos, iniciativas e demandas particulares das cooperativas con esta condición -sen ánimo de lucro-. Asemade, entre as opcións que valoran estas socias, estaría favorecer a posta en marcha dunha Sectorial de Cooperativas sen Ánimo de Lucro dentro da Unión.

EspazoCoop prestará o seu soporte dinamizador para aglutinar ao grupo de cooperativas sen ánimo de lucro asociadas, co fin de conectalas, apoialas e canalizar as súas inquedanzas. Será un encontro de traballo, informativo e de intercambio.

Realizarase na sala de reunións da Aula Virtual de EspazoCoop.

Máis información e inscrición: tino@espazo.coop – 881 887 456.



Cooperativas sen ánimo de lucro na Unión:

As cooperativas sen ánimo de lucro galegas, son unha fórmula xúridica empresarial regulada pola vixente ‘Lei de Cooperativas de Galicia’ na súa disposición adicional cuarta. É unha fórmula perfectamente legal.

Estas cooperativas desenvolven actividades económicas vencelladas aos servizos sociais, educativos, culturais, artísticos, deportivos ou de tempo libre, consumo conscente e responsable, integración laboral de persoas en exclusión social e outras que teñen por finalidade mellorar a calidade de vida e condicións das persoas. Son polo tanto, empresas cun marcado fin social.

Son realmente empresas sociais sen ánimo de lucro que cumpren unha función fundamental consonte aos principios e valores cooperativos que nos son propios.

Algunhas das nosas cooperativas sen ánimo de lucro:

7H Cooperativa Cultural // Arabías // Árbore Consumo Conscente // As Lilandeiras // Aventeira // Catro Ventos // Cuarto de Inverno // Hábitat Social // Maos Innovación Social // Miudiño // Mulleres Colleiteiras // Númax // Rexenerando // Xeración // Praxxis Inclusión

Neste enlace  pódese acceder ao manifesto das cooperativas sen ánimo de lucro da Unión.

Unión de Cooperativas Galegas EspazoCoop
981 57 55 78 – info@espazo.coop – www.espazo.coop

*Esta actividade enmárcase na Programación 2021 da Rede Eusumo. A REDE EUSUMO é unha rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Emprego da Xunta de Galicia para o fomento do cooperativismo e a economía social que conta co financiamento do Ministerio de Traballo e Economía Social do Goberno de España.