O luns 28 de setembro o Concello de A Coruña presentou as bases do Plan de Emprego Municipal, que permitirán un traballo en rede cos axentes sociais da cidade, e no que destacamos que establece o fomento da economía social (tanto das cooperativas como do chamado emprego verde). UGACOTA estivo representada neste acto, como parte integrante que é do Pacto Local para o Emprego en Coruña.

O concelleiro de Emprego e Economía Social, Alberto Lema, presentou ás entidades integrantes do Pacto Local para o Emprego e representantes dos distintos axentes sociais da cidade e das formacións políticas municipais, un documento que, como salientou o alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, durante o acto “senta as liñas básicas dun plan que aposta pola innovación e o emprendemento na creación de riqueza e do emprego, pola igualdade de oportunidades entre homes e mulleres e contra a discrimincación social, e que tamén aposta pola cooperación interinstitucional con outras cidades, e coa área metropolitana de forma primordial”. “Máis alá das discusións políticas, o emprego é unha preocupación compartida por todos e todas, se non a primeira”, manifestou o rexedor, quen valorou o compoñente participativo dun documento “que quere organizar o traballo cooperativo, en rede, cos diferentes axentes sociais da cidade para xerar emprego”. “Un documento de bases que responde ao código fonte deste Goberno municipal”, destacou Ferreiro.

Para ler o artigo completo, fai clic aquí

(Fonte: Páxina web do Concello de A Coruña)