Trespés s. coop. galega, xa ten documentario. Veñen de finalizar o traballo “En todas as mans” que pre-estrearon o 5 de maio en Pontevedra no Teatro Principal dirixido principalmente aos colaboradores/as e participantes no documentario sobre os montes veciñais comunais de Galicia.

Agora toca continuar coa súa promoción e novos pases en diversos medios e lugares, para dalo a coñecer. Así o xoves 7 de maio ás 20.30 h., están no Multiusos da Xunqueira de Redondela, na casa.

Podes seguilos a través das redes sociais : Facebook En todas as mans

Parabéns a Trespés por este documentario ! .