REAS Galicia abriu unha campaña de crowdfunding para financiar un Directorio da ESS en Galicia

REAS Galicia pretenden crear un directorio da Economía Alternativa e Solidaria en Galicia. O proxecto ten un dobre propósito: divulgar os principios básicos da ESS e dar a coñecer aquelas iniciativas que en Galicia xa se están rexindo por eles.
#economíasREAiS quere ser unha foto fixa da situación no noso país en 2017-18. Confían en que a súa publicación sirva para impulsar este movemento e as numerosas iniciativas que xa son unha realidade ou que aínda non son máis que unha idea pendente de concretar.
O seu sitio web [por determinar], de acceso gratuíto, servirá para actualizar periodicamente esta información e, con sorte, de punto de encontro de persoas e entidades. Tamén pretendemos que facilite ao público en xeral o acceso a produtos e servizos que proveñen da economia social e solidária, identificando aquelas entidades que fuxen do ánimo de lucro e se rixen polos principios de REAS.
Ademais, poderase descargar o directorio de forma gratuíta en formato pdf e epub.
O libro editarase unicamente en galego.
Pódense realizar aportacións dende 5 €, máis información: Goteo
Vídeo presentación do proxecto:
ESPAZOCOOP fai parte de REAS Galicia.