UGACOTA organiza un encontro para cooperativas, sociedades laborais e outras organizacións, de intercooperación, no marco do apoio á mellora da xestión en cooperativas.

Convídate a que veñas a coñecer experiencias e grupos que cooperan, unhas aproveitaron os recursos públicos para dar un pulo as súas iniciativas de intercooperación, e outras levan adiante a intercooperación como estratexia de seu, como parte da filosofía cooperativa sen contar con apoios específicos. Poderás tamén, presentar as túas propostas colectivas, ampliar axenda, coñecer colaboradoras, e imaxinar proxectos comúns.

Ven ademais a coñecer algúns apoios e axudas públicas que ofrecerá, proximamente, o goberno galego, a través do Programa de Intercooperación e Integración Empresarial convocatoria 2016.

PROGRAMA: preme AQUÍ

INSCRICIÓN: AQUÍ. Esperámoste !

Data: 31 de maio de 2016 – Horario: 10 – 14 horas. Lugar: Aula soto 2º da Entidade da Rede Eusumo – Agaca. Rúa Tomiño, nº 22 – Entrechán – Santiago de Compostela