Os días 19 e 20 de novembro celébranse as Xornadas: Ideas e Prácticas en Economía Social.  Están organizadas por Oxfam Intermón, Ecos do Sur, Ong Mestura, colabora a cooperativa de consumo Zocamiñoca, e están apoiadas pola Xunta de Galicia. Na súa programación está prevista a participación de varias cooperativas de traballo.

Estas xornadas celébranse no Centro Social dos Mallos, na Avda. de Arteixo 147 en A Coruña, de 16 a 21 horas.

Este é o programa previsto:

Mércores 19 de novembro

16:00h – Presentación das Xornadas

16:30h – A Feira: Iniciativa colectiva de Economía social na Coruña

17:00h – O Comercio Xusto dentro da economía social (Alberto Abad, Oxfam Intermón)

18:00h – Pausa

18.30h – Mesa Redonda. Diáspora e Economía Social: Unha mirada transnacional

  • As federacións como modelo de apoio e traballo en rede para ás iniciativas de economía social. Diana Ximena Tutistar, Secretaria Técnica de FEDACOD en Valencia.
  • Iniciativas produtivas en países de destino: Empresas de Inserción socio-laboral “Cátering social Por ti Mujer” e  Proxectos de Emprendemento Produtivo. Lucy Polo Castillo Presidenta de FEDACOD en Valencia.
  • Experiencias productivas de Codesenvolvemento en países de orixe: Senegal e Marruecos. Nabil Mesli: Responsable de Cooperación al Desarrollo y Codesarrollo da Fundación CEPAIM.

Xoves 20 de novembro

16:00h – Experiencias prácticas e cercanas de empresas dentro da Economía Social. Dificultades atopadas na posta en marcha. Formato World café

17:45h – Pausa

18:15h – Pensando o meu futuro dentro da economía social. Tipos de empresas e lexislación que compete. Resolución de problemas legais. Gonzalo Gesto, avogado e membro da Cooperativa Panxea (Compostela).

19:00h – La Re-Vuelta al campo. Gustavo Duch. Escritor.

Fai clic : Xornadas: Ideas e Prácticas en Economía Social