Oferta de emprego | Socia traballadora na Cooperativa Mulleres Colleiteiras

/, Novas do cooperativismo/Oferta de emprego | Socia traballadora na Cooperativa Mulleres Colleiteiras

A cooperativa Mulleres Colleiteiras para a recollida de aceite vexetal usado confórmase no ano 2015 co obxetivo principal de dar acceso laboral a mulleres en situación de maior desvantaxe social que outras persoas. Co apoio de Arquitectura sen Fronteiras o proxecto céntrase na formación de mulleres para que melloren as súas habilidades sociais no ámbito laboral, servindo esta actividade como soporte para a realización de prácticas prelaborais.

A día de hoxe, a actividade da cooperativa vaise consolidando a través do aumento da recollida de aceite e converténdose nunha alternativa real de autoemprego para mulleres. Agora existe a posibilidade de incorporar a unha socia traballadora máis ao proxecto, neste enlace descríbense as condicións.

Perfil: Muller en desemprego, con formación básica e carnet de conducir B1 para manexo de furgoneta.

Valorarase: Capacidade de traballo en equipo, coñecemento e identificación cos valores cooperativos, experiencia de traballo anterior ou capacidade de planificación, entre outras.

Lugar: Oleiros (A Coruña).

Enviar cv ata o 26 de Xaneiro de 2017 a : mullerescolleiteiras@gmail.com – asunto: ‘ Persoal Mulleres Colleiteiras’

 

Deje su comentario

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies