O Tendal é un proxecto colaborativo levado adiante polas cooperativas de traballo : Cidadanía, Marketing Tangible, O Cable Inglés, e Ítaca Software Libre, destinado a quen vaia a emprender calquera tipo de aventura profesional.

O seu propósito é ofrecer servizos de posicionamento no mercado para Cooperativas e sociedades laborais, ofrecer orientacións para botar a andar un proxecto.

Propoñen solucións profesionais e de calidade, adaptadas a cada realidade. E para facelo contan cun equipo de profesionais que veñen traballando dende hai moitos anos en sociedades cooperativas especializadas en cada un dos servizos que ofrecen:

– Estudos de mercado

– Marketing

– Deseño

– Comunicación

– Web e comercio electrónico

Bótalle un ollo O Tendal. Pon o teu proxecto ondo todos poidan velo