Celébrase Expo Ordes 2016, durante os días 22, 23 e 24 de abril, unha Feira Multisectorial e de Maquinaria Agrícola que contará coa presenza do stand do Consello Galego de Cooperativas o cal acolle aos expositores de distintas cooperativas, entre elas estarán algunha das nosas cooperativas socias: Pulponor e Xeira Consultora.

Expo Ordes 2016 levarase a cabo no Campo da Feira, lugar onde se instalarán as casetas de alimentación, automoción, construción, náutica, mobles, medio ambiente, deportes, mecánica, textil, agrícola, etc.