Novas cooperativas socias!
Presentamos ás primeiras asociadas a EspazoCoop de 2022, deixamos a súa referencia para coñecelas e que podan ser tidas en conta á hora de practicar un consumo ou comercio cooperativo, intercooperar, como aliadas á hora de realizar traballos en común, ou para facer redes no sector cooperativo.
• UF NEGRA SOMBRA •
O UF é un Café con moita historia na cidade de Vigo que complementa a súa actividade con servizos de libraría e eventos culturais (música, poesía, presentacións de libros, recitais, teatro, charlas…).
Vigo (Pontevedra) | Cooperativa de consumo | Redes sociais : neste enlace
• SACAUNTOS •
SACAUNTOS | Servizos de deseño gráfico, imaxe corporativa, impresión en grande e pequeno formato, servizos editoriais e de autopublicación.
Santiago de Compostela (A Coruña) | Cooperativa de traballo asociado | Web: www.sacauntos.com
• PROYECTOS Y OBRAS CHAMOMAR •
CHAMOMAR realizan:
- Reformas e obra nova.
- Proxectos e rehabilitación de edificación.
- Informes técnicos.
Vigo (Pontevedra) | Cooperativa de traballo asociado.
• MALA HERBA PRODUCIÓNS •
A Coruña | Cooperativa Xuvenil | Redes Sociais: neste enlace
• LEIRANTAS •
LEIRANTAS realizan xestión e dinamización de proxectos para a transición ecolóxica, a mobilidade sostible e a rehabilitación social de espazos e edificios dende criterios de eficiencia enerxética ou restauración ambiental.
Coirós (A Coruña) | Cooperativa de traballo asociado.
• CHARLATANA •
CHARLATANA | Actividades de Produción e Distribución de Artes Escénicas e Música.
Boiro (A Coruña) | Cooperativa de traballo asociado | Web: https://www.charlatana.org
• A MILPA DO SALNÉS •
A MILPA DO SALNÉS
- Producción ecolóxica de hortalizas e millo autóctono galego.
- Procesamento de fariña milla nixtamalizada.
- Formación en temas de agricultura sostible e medio ambiente.
- Investigación en temas de agricultura sostible e medio ambiente.
Meaño (Pontevedra) | Cooperativa de traballo asociado | Redes Sociais: neste enlace|
Web: http://www.amilpadosalnes.com/
• ÁS DO SOCIAL •
- Impartición de formación regrada e non regrada nos ámbitos da educación social.
- Deseño, execución e avaliación de programas e obradoiros de crecemento persoal, así como de proxectos socioeducativos.
- Xestión de centros onde se realicen servizos de intervención socieducativa, familiar e acompañamento familiar. Así como os servizos vinculados aos mesmos.
- Investigación, innovación e acción social.
- Xestión, coordinación e dinamización de equipamentos sociocomunitarios e de servizos á comunidade.
- Creación e edición de materiais educativos.
A Coruña | Cooperativa de traballo asociado sen ánimo de lucro.
• VAL DE MUÍÑOS •
VAL DE MUÍÑOS | Gandeiría intensiva de produción leiteira.
O Saviñao (Lugo) | Cooperativa de traballo asociado.
Grazas a sumarte somos a maior rede de cooperativas en Galicia, fai click #SumaCoops
Que podemos facer por ti?, fai click Asóciate!